O Museo Guggenheim Bilbao atópase situado no centro da cidade, coñece como chegar ao Museo e moverse comodamente por Bilbao.
Os medios de transporte públicos de Bilbao son accesibles e están adaptados para persoas con discapacidade.
Aeroporto Internacional de Bilbao (LOIU). Situado a 15 km do centro da cidade, con servizo de autobús.
RENFE, estación “Bilbao Abando”.
ET/FV, estación “Atxuri (Bilbao)”.
Liñas 01, 10, 13, 18 e A7 na parada: “Museo 1 / Henao”.
Liñas 13, 27, 38 e 48 nas paradas “Alda. Recalde 31 e 11” e “Alda. Recalde 12”.
Liñas 11 e 71 nas paradas “La Salve / Igogailua” e “Campo Volantín / La Salve”.
Parada Guggenheim.
Parada “Moyua”, saída “Ercilla-Guggenheim”
Entrar en Bilbao
Orixe Santander (A8) / orixe Donostia-San Sebastián ou Vitoria-Gasteiz (A68 e A8): dende a autoestrada que circunvala a cidade, tomar a entrada Bilbao San Mamés. Ao final da avenida de entrada (Avenida Sabino Arana) e á altura da praza do Sagrado Corazón, atópanse as primeiras sinalizacións do Museo. Esta sinalización dirixirate pola Avenida Abandoibarra que bordea a ría que leva directamente ao Museo.
Estacionar
O Museo non dispón de servizo propio de aparcadoiro para visitantes. Porén, é posible estacionar nas prazas municipais de aparcadoiro habilitadas (pagamento mediante parquímetro) ou nos aparcadoiros próximos á Praza Pío Baroja ou á Praza Euskadi:
– Para estacionar na Praza Pío Baroja: seguir pola Avenida Abandoibarra ata a sinalización do aparcadoiro.
– Para estacionar na Praza Euskadi: dende a Avenida Abandoibarra, xira á dereita para coller a rúa Lehendakari Leizaola. Chegarás á Praza Euskadi e para entrar ao aparcadoiro pola rúa Ramón Rubial terás que bordear a praza. Este aparcadoiro público conta con prazas accesibles.
– Nas inmediacións do Museo, existen prazas de aparcadoiro reservadas para persoas con discapacidade que dispoñan da tarxeta acreditativa.
Autocaravanas
O Concello de Bilbao ofrece un aparcadoiro de autocaravanas para o período estival, situado na rúa Monte Kobeta 31.
Como acceder
Tomar a saída da A-8 denominada Balmaseda, en dirección a Altamira – Alto de Kastrexana. Tomar a rúa Camino Kobetas e deseguido a rúa Monte Kobetas ata chegar ao aparcadoiro debidamente sinalizado.
A liña de autobús Bilbobus nº 58, Mintegitxueta-Atxuri conexión directa co centro da cidade.